La Pradera pide solidariedade para os animais afectados polos lumes

    MEIS> Heno e material médico é o que se precisa de xeito máis urxente para os cabalos que vivían nos montes queimados nos lumes do pasado 15 de outubro. Beatriz Heyder, é unha muller que desde a súa casa en Meis está a recompilar produtos que lle chegan desde toda España para axudar a estes animais e logo distribuílos. Esta mañá estivemos na súa casa. O pasado 15 de outubro, trala vaga de lumes que arrasou a comunidade, Bea Heyder, desde a súa casa en Meis, lanzou un chamamento a través das redes sociais do seu refuxio La Pradera, para pedir axuda urxente para os animais que habitaban eses montes queimado, fundamentalmente na zona sur de Pontevedra. Desde o primeiro momento a resposta foi impresionante. Á súa casa comezaron a chegar caixas desde toda España. O que máis se precisa hoxe en día, é heno e medicamento para queimaduras. Se alguén quere aportar o seu gran de solidariedade a estes animais, Bea deixa claro cales son as prioridades. Para enviar as axudas, ademais de poñerse en contacto cos concellos, poden informarse na páxina de facebook La Pradera Bea Heyder. Unha vez que chegan a La Pradera bea envía todo á Clínica Casal do Río, e de ahí, redistribúen ós sitios afectados. Nesta ocasión a zona máis afectada foi o monte Galiñeiro en Vigo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí