O prezo da gasolina acada o seu record histórico

    subagasolina100.jpgBARBANZA> Atopámonos estes días cunha nova suba no prezo da gasolina, cun incremento moi por riba do experimentado outros anos por estas datas.

    {flowplayer}barbanza/subagasolina.flv{/flowplayer}

    A gasolina acadou o seu récord histórico ó situarse en moitas gasolineiras en 1’38 euros, mentres que o gasóleo atopámolo catro céntimos máis baixo, unha cifra que se sitúa moi preto dos niveis de xullo de 2008, a pesar de que na actualidade o barril de crudo está máis barato que entón.

     O motivo desta suba de prezos nos carburantes atopámola, entre outras cousas, na depreciación do euro fronte ó dólar que se vén dando nos últimos meses.

    Este incremento non está a pasar desapercibido para a maioría das persoas que se achegan a repostar.

    Redacción Barbanza