Rescatan a trinta cans e dezaoito tenreiros e un cabalo que vivían nunhas condicións deplorables

RIANXO> O seu propietario está acusado dun presunto delito de maltrato animal. A este individuo xa lle constan numerosos antecedentes por feitos similares.

A Patrulla do Seprona da Garda Civil de Noia, en colaboración coa Policía Local de Rianxo, investigan a un veciño desta última localidade coma presunto autor dun delito de maltrato animal. Nunha inspección realizada, os axentes do Instituto Armado atoparon a uns trinta cans, tanto adultos coma crías, nunhas condicións hixiénico-sanitarias deplorables, con síntomas evidentes de delgadez extrema e mesmo, nalgúns casos, con sarna. Vivían hacinados nunha superficie moi pequena con restos de urina e excrementos, e ata con anacos de  reses mortas, que posiblemente lle servirán de comida. Tan só cinco destes animais tiñan microchip e cartilla de vacinación. No mesmo lugar os axentes atoparon tamén outros 18 tenreiros e un cabalo en igual situación. Os cans fóronlle retirados e postos a disposición do Xulgado de Padrón, e as reses, tanto o tenreiro coma o cabalo, foron recollidas por Medio Rural.