RIBEIRA> Novo paso adiante para a creación do futuro polígono industrial de Ribeira. O concello xa recibiu o proxecto de urbanización que se someterá a aprobación inicial no pleno da próxima semana.
O concello de Ribeira someterá a aprobación inicial o proxecto de urbanización do futuro polígono a próxima semana. O documento, elaborado pola empresa Monsa Urbanismo S.L, xa foi presentado ós diferentes grupos da corporación e á asociación de empresarios. De seguir os prazos de tramitación previstos, o proxecto podería estar aprobado de xeito definitivo no mes de marzo.
A estimación inicial para o inicio das obras sería o último trimestre do ano polo que o novo parque empresarial podería estar en servizo na primavera de 2025.
Suporá a creación de preto de 300 mil metros cadrados de superficie industrial, 170 mil en parcelas útiles, na zona da Fontenla e Pedras Vermellas.