Unha nova escola infantil para Vilaxoán

    VILAGARCÍA> Aprobados os presupostos de Vilagarcía para o 2016 en xunta de goberno local. O alcalde, Alberto Varela, aseguraba que non lle deixaron outra opción e espera que os próximos saian dun pleno. O concello tamén asignou as cantidades das axudas aos Plans da Deputación onde destacan dúas propostas: o plan de emprego que dará traballo a 34 persoas e a construción dunha escola infantil en Vilaxoán.

     

    Trala incapacidade do goberno do socialista Alberto Varela para sacar adiante uns presupostos que se aprobaran en pleno ante a súa minoría e o rexeitamento da oposición ao documento económico, o alcalde de Vilagarcía tivo que aprobar os orzamentos esta mañá en xunta de goberno local. Unha acción que esperan non ter que tomar nun futuro.

    Na xunta de goberno local tamén se aprobaron as solicitudes de axudas aos Plans da Deputación que ascenden a un total de 1 millón 440.000 euros. Entre os proxectos: obras de acondicionamento do punto limpo de Pinar do Rei, a instalación dunha pista polideportiva en Carril, a mellora da pista de atletismo “Manuel Jiménez”, o subministro de bicicletas e unha moto para a policía local ou unha proposta culturar para dinamizar a rúa Romero Ortiz. Mais os dous proxectos nos que se destinará a maior parte do presuposto son o plan de emprego da Deputación e a construción da escola infantil de Vilaxoán.

    Á construción da escola destinanránse máis de 700.000€ das axudas da Deputación e co plan de emprego darase traballo a 34 persoas.

    Ravella tamén ten xa data para a súa reunión coa Directora de turismo de Galicia Nava Castro para tratar a recuperación do crédito de Luz Salgada. Será este venres ás 10 da mañá.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/29/xgl_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/29/xgl_villa.mp4{/flowplayer}