Un incendio provocado queima a nave da conserveira Charpo

    incendio_charpo100.jpgVILANOVA > Catro camións de Bombeiros do Salnés participaron na extinción do incendio que se desatou…

    … hoxe ó mediodía nunha nave abandonada, situada nas inmediacións do porto de Vilanova de Arousa, que hai uns dez anos se dedicaba a industria conserveira baixo o nome de Industrias Charpo.

    {flowplayer}images/salnes/charpo.flv{/flowplayer} 

    O lume xurdiu nun camión aparcado no interior destas instalacións e arrasou con algunhas das partes, desta antiga conserveira.

    Ao longo da última semana esta é a terceira vez que se produce un conato de incendio nestas instalacións abandonadas o que leva a pensar que o lume foi provocado.

    Esta nave é frecuentada por indixentes e persoas relacionadas coa venda de drogas da zona que, habitualmente, pasan a noite nestas instalacións. A policía local e protección civil acordoaron o perímetro da nave para evitar danos persoais.

    A fábrica de conservas Charpo está abandonada dende hai máis de 10 anos. Na actualidade, estas instalacións son propiedade da familia Charlín, que recuperou a nave nunha subhasta, despois de que a Audiencia Nacional embargara estas propiedades ao clan de narcotraficantes por un delito de tráfico de drogas.

    Redacción Salnés