A hostalería do Salnés fai un balance positivo da afluencia de clientes na ponte do Pilar

VILAGARCIA> Os locais hostaleiros do Salnés fan un balance positivo da afluencia de clientes durante a ponte do Pilar. Dende o sector sinalan que os datos foron bos tendo en conta as restricións e o medo aos contaxios. A situación si é crítica para os hostaleiros do ocio nocturno.

Os establecementos hostaleiros vían na ponte do Pilar unha boa oportunidade para dar un pequeno impulso aos seus negocios. Unhas previsións que, nas últimas semanas, xa non eran tan positivas dado o aumento de contaxios e as restricións. O resultado ao final, foi mellor do agardado.

As restricións non impediron que se achegasen ao Salnés visitantes de toda Galicia e de fora da comunidade.

Dende o sector sinalan que as restricións e o medo afectan á baixada de clientes.

Dentro do sector hostaleiro a situación é especialmente preocupante no ocio nocturno. Moitos locais están pendentes dos datos sanitarios para volver a reabrir o antes posible, outros xa asumen que non volverán a abrir ás súas portas.

Dende o sector sinalan que toda axuda das administracións é necesaria, pero o máis importante é que se repartan de tal maneira que se axude aos que máis o necesitan.

Os hostaleiros tamén sinalan que a mellora da situación non depende só das administracións, se non de todos nós. E para que ninguén quede atrás é necesario que entre todos apoiemos aos negocios locais mediante un consumo de proximidade.