O domingo inaugúrase o circuíto OsdeNociñas RC, en Meis

MEIS> En San Lorenzo, un club de nova creación ven de construír un circuito de automodelismo que se inaugura esta fin de semana. O obxectivo para eles é ter un lugar onde practicar o seu hobby e co tempo organizar probas de campionatos autonómicos e nacionais.

{flowplayer}images/salnes/automodelismo_200112.flv{/flowplayer} 

Este circuíto que agora ven baleiro, mañá ser un ir e vir de coches de radiocontrol. Dispútase a súa proba inaugural. Esta situado na parroquia de San Lorenzo, no concello de Meis. A súa construcción foi promovida polo club de recente creación Os de Nociñas Rc.

Dende as 16:00 ATA AS 18:00 realizaranse as primeiras mangas de adestramentos cronometrados, que darán paso ás clasificatorias, xa o domingo pola mañá, ás 10:00 e as eliminatorias finais, que rematarán a primeira hora da tarde. O alcalde José Luís Pérez acudirá á posterior entrega de trofeos, polos que loitarán medio cento de pilotos de toda Galicia. 

Tras esta proba de inauguración para categoría 1/8 TTG, o circuíto OsdeNociñasRc recibirá o 4 de marzo a proba de campións de Galicia e O Provincial o 22 de xullo.

Redacción Salnés