![]()
PONTEVEDRA> Así o manifestaron esta mañá os sindicatos e o propio conselleiro de Economía e Industria. Javier Guerra convocounos hoxe na Xunta.
{flowplayer}images/salnes/reunion_alfageme_250112.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> Así o manifestaron esta mañá os sindicatos e o propio conselleiro de Economía e Industria.
Javier Guerra convocou hoxe ós representantes do comité de empresa no edificio da Xunta en Pontevedra para avanzarlles os pasos que están a dar para que o xuíz acepte a oferta de compra de El Consorcio.
Mañá expira o prazo que estipulou o xulgado para a presentación de ofertas polas fábricas que Alfageme ten en Vilaxoán e Ribadumia. E, de momento, só hai unha interesada, a firma cántabra El Consorcio, que formulou a súa oferta hai meses. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, informou hoxe ós sindicatos que está próximo o acordo entre Xunta, Administradores Concursais, Banca, e El Consorcio para que a oferta desta firma sexa aceptada polo xuíz.
Os sindicatos saíron esperanzados da reunión que tiveron esta mañá co conselleiro. Despois de case ano e medio de conflicto, teñen case á man a solución.
A felicidade é contida ata que nas vindeiras horas se confirme a compra de Alfageme por El Consorcio. Cren que non haberá ofertas de última hora, pero temen que o proceso se poida entorpecer ó estar inda pendente na Audiencia o auto dos avais.
O conselleiro de Economía insistiu no compromiso da Xunta para que Alfageme poida seguir traballando.
Redacción Salnés







