Sanxenxo recibe ao rei emérito entre aplausos e a infanta sorpréndese ‘non vin tanta prensa dende a miña voda’

SANXENXO> Sanxenxo recibe ao rei emérito entre aplausos e cánticos de apoio. O Real Club Náutico de Sanxenxo organizou un acto de benvida ao que asistiron preto de 200 medios de comunicación de ata 8 países diferentes. O rei agradeceu o cariño recibido e a infanta sorprendeuse co despregue de medios, segundo contan dende o concello, a infanta declarou que non vira tantas cámaras dende o seu casamento.

Máxima expectación en Sanxenxo pola visita do rei emérito. O Real Club Náutico organizou un acto no que se acreditaron preto de 200 medios de comunicación de ata 8 países diferentes. O rei chegou preto das 12 e media acompañada pola infanta Elena e o presidente do club Pedro Campos. Alí foi recibido por decenas de persoas, entre aplausos e cánticos de apio, e polos membros do goberno local, que segundo contan, tanto o rei como a infanta agradeceron o cariño recibido e quedaron sorprendidos co despregue de medios.

Juan Carlos I estará presente en Sanxenxo durante toda o trofeo viaxes Interrías copa de España de vela. A súa estancia na vila será tranquila e caseira. A pesar dos seus problemas de cadeira, dende o concello sinalan que o ven en bo estado.

Trala visita ao Real Club Náutico de Sanxenxo, o rei emérito desprazouse para subir no barco auxiliar do Bribón 500. A súa participación na competición quedará pendente das condicións meteorolóxicas.

No caso de que non poida subirse ao Bribón,  Juan Carlos I presenciará a regata no barco auxiliar. O rei emérito tamén adiantou que esta non será a súa última visita a Sanxenxo. Esta mañá comunicoulle ao alcalde a súa intención de volver á vila durante o campionato do mundo no vindeiro mes de xuño.

Dende o concello, o real club náutico e a veciñanza agradecen a súa visita e o que supón para Sanxenxo a presencia do rei.

A súa estancia en Sanxenxo estenderase ata o vindeiro domingo, día no que partirá cara Madrid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí