A Illa incentivará ós empresarios para fomentar o emprego

    plan emprego copia.jpg A ILLA> É a idea base do plan de estímulo do emprego no que está a traballar o goberno local e que pretenden ter listo no primeiro trimestre deste ano.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_ESTIMULO_EMPREGO_ILLA.flv{/flowplayer}

    Na actualidade preto de 450 veciños da Illa están sen traballo. A eles, e ós empresarios do municipio, vai dirixido o plan de estímulo do emprego que está a impulsar o goberno local. A idea é incentivar a emprendedores e autónomos con empresas no municipio a que contraten a xente empadroada no concello.

    Trátase dun plan pioneiro, por iso desde o goberno queren contar coas aportacións do maior número de axentes sociais. Polo de agora xa mantiveron unha primeira xuntanza coa asociación de empresarios da Illa. Pendentes das súas aportacións, irán elaborando un borrador que logo presentarán ós grupos da corporación para ir conformando o proxecto final.

    Para impulsar o plan, o goberno local reservou unha partida de corenta mil euros nos orzamentos deste ano, contía que se podería incrementar se o proxecto funciona, probablemente cos ingresos que obteñan por exemplo como consecuencia da subida do IBI decretada polo goberno central.

    Vázquez engade que tamén petarán as portas doutras administracións a nivel provincial e mesmo estatal por se conseguen máis apoios.

    Redacción Salnés