Merchi Álvarez volverá viaxar a Corea para recibir unha recarga do seu tratamento

CAMBADOS> Merchi Álvarez volverá viaxar a Corea do su para recibir unha carga do tratamento. A pesar de non recadar os 80 mil euros necesarios para o tratamento completo, a cambadesa chegou a un acordo para poder viaxar ao país asiático e recibir unha dose que lle permita manter os avances da primeira fase do tratamento.

O reto é difícil pero Merchi Álvarez non perde a esperanza de poder recibir unha nova dose do seu tratamento para loita contra a Ame. A pesar de estar aínda lonxe, 30 mil dos 80 mil euros necesarios, a cambadesa chegou a un acordo para poder recibir unha carga do tratamento.

Inda que non sexa o tratamento completo, esta carga permitirá a Merchi non perder os avances conseguidos coa primeira dose.

Esta carga é unha parte do tratamento, cando acade os 50 mil restantes poderá dar o tratamento completo. Para conseguir fondos, a vila de Cambados e a comarca do Salnés non deixan de realizar actividades no seu beneficio. A vindeira terá lugar o domingo 16 de outubro. Será un taller solidario de coidado de mascotas organizado por Cocán.

As prazas son limitadas e requiren de inscrición previa. A entrada é gratuíta pero aportando un donativo.

Con estas axudas Merchi Álavez continuará achegándose a eses 80 mil euros que lle permitan completar a segunda dose do seu tratamento e dar outro avance na súa saúde. O viaxe a Corea aínda non ten data pero a cambadesa xa comezou cos trámites pertinentes para realizalo o antes posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí