Ravella e Porto buscarán a fórmula para abrir o peirao de O Ramal a Vilagarcía

    VILAGARCÍA> Primeira toma de contacto entre concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria. Alcalde e presidenta mantiveron esta mañá un encontro institucional para achegar posturas. Aínda que non profundaron en ningunha cuestión, si pecharon a reunión cun acordo: buscar a mellor fórmula para garantir o uso público do peirao de O Ramal.

     

    A cordialidade e a predisposición de ambas partes reinou esta mañá no encontro entre o alcalde de Vilagarcía e a presidenta do Porto.

    Deste bo entendemento naceu o acordo de buscar a mellor fórmula para garantir o uso público do peirao de O Ramal. Faríase sen que o Porto renuncie á titularidade dos terreos, como sucedeu co parque Miguel Hernández ou a explanada da TIR.

    Aseguraron que non profundaron en ningunha cuestión, aínda que abordaron a apertura da desembocadura do río Con e a aprobación do Plan Especial do Porto. Tamén sacaron en claro que ambas institucións teñen que camiñar xuntas.

    Menos acordo houbo no futuro da Comandancia da Mariña. O alcalde segue a apostar por convertela nun centro de saúde. Pola súa banda, a presidenta lembroulle que o convenio co Ministerio de Defensa xa está asinado.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/30/autoridade_portuaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/30/autoridade_portuaria.mp4{/flowplayer}