Rianxo homenaxe ó seu veciño máis ilustre no seu 126 aniversario

    ofrendascastelao100.jpgRIANXO> Os actos de homenaxe a Castelao cobraron especial relevancia este fin de semana coa celebración das ofrendas florais ante o seu busto.

    {flowplayer}barbanza/ofrendascastelao.flv{/flowplayer}

    Tal día como hoxe, hai 126 anos, nacía en Rianxo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen transcorrido máis dun século converteríase nun símbolo para tódolos galegos.

    Co fin de reivindicar o seu legado, non só cultural, senón tamén político e ético, un ano máis os veciños da súa vila natal realizaron unha ofrenda floral ante o seu busto no paseo da Ribeira.

    Colaboración

    O alcalde nacionalista aproveitou a ocasión para tender pontes con outras institucións e colectivos que contribúan a divulgar a figura de Castelao, entre elas, a fundación que leva o seu nome.

    Nesta ocasión non puido estar presente por problemas de saúde, o seu presidente Avelino Pousa Antelo que nos seus anos á fronte da fundación nunca faltou á ofrenda. Foi o vicepresidente o encargado de dedicar unhas verbas ó que cualificou como representante da dignidade galega.

    Ademais dos actos institucionais organizados polo concello, este ano as Novas Xeracións de Galicia elixiron tamén a súa terra natal para homenaxear ó rianxeiro máis universal.

    Redacción Barbanza