Desestimado o recurso que lle daría o cuarto edil ó PSOE de Ribeira

    RIBEIRA> Finalmente o PSOE de Ribeira non conseguirá o cuarto concelleiro ó desestimar a Xunta Electoral Central o recurso presentado pola agrupación socialista. Reclamaban a validez dun voto declarado nulo xa que presentaba a palabra si xunto ó nome do candidato do PSOE. Sen embargo, o tribunal realiza unha interpretación estrita da Lei Electoral que declara nulos tódolos votos emitidos en papeletas con anotacións manuscritas. Contra esta resolución non cabe recurso polo que o organigrama da corporación manterase coa mesma composición que a establecida na noite electoral. O PP contará con nove representantes, o BNG con catro, PSOE e Ciudadanos con tres edís cada un, e Iniciativa Progresista de Ribeira con dous.