A Deputación de Toledo interésase polo Proxecto Pousadas

    pousadastoledocopy.jpgSALNÉS> Hoxe unha comitiva da administración provincial visitaron o Salnés para trasladar esta iniciativa á súa demarcación.

    {flowplayer}images/salnes/DEPUTACION_TOLEDO_POUSADAS_ok.flv{/flowplayer}

    Unha comitiva da Deputación de Toledo visita hoxe o Salnés interesados polo Proxecto Pousadas que está a levar a cabo a administración provincial. A xornada arrancou coa recepción do Presidente, Rafael Louzán, no edificio administrativo para seguir de contado o seu percorrido pola comarca comezando polo xacemento arqueolóxico de Monte do Castro, Ribadumia.

    Dado o seu carácter dinamizador do turismo da comarca foi o que motivou que hoxe a Deputación de Toledo visitase a comarca. Catro edificacións accesibles, 50 quilómetros de sendas peonís e dous xacementos arqueolóxicos conforman, segundo Arturo García-Tizón unha oferta completa e única.

    E é que a intención do Presidente da Deputación de Toledo é trasladar esta iniciativa á súa demarcación e adaptala ás edificacións con valor patrimonial coas que contan na súa provincia. Deste xeito, cumprirán unha dobre finalidade: recuperar e dinamizalo entorno.

    Pola súa banda, o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou que agarda que a rede de Pousadas: Armenteira, A Lanzada, Meaño e Ribadumia, estean operativas para o 2013.

    Pola tarde, segundo o plan previsto, achegáronse ata as instalacións das Pousadas e fixeron un tramo da Ruta do Umia.

    Redacción Salnés