Adegas Arousa sacará ó mercado un viño coa uva da finca de Vista Real

    vinedos_vista_realcopy.jpgVILANOVA> A adega xa está traballando nas labores de acondicionamento despois de que o concello lles cedese provisionalmente a explotación.

    {flowplayer}images/salnes/TRABALLOS_VINA_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    Despois de coñecer que o concello de Vilanova adxudicou, de forma provisional, a explotación do viñedo do Pazo de Vista Real a Adegas Arousa, esta semana visitamos a plantación para ver como van os traballos de acondicionamento da finca.

    Desde a súa chegada traballaron arreo nas labores de poda e parreado, retirada de cepas enfermas e acondicionamento do terreo para seguilo ritmo da presente campaña. Traballos, algúns deles, que a adega agardará para levar a cabo á espera da celebración do concurso para a adxudicación definitiva de explotación da finca.

    Polo momento, o obxectivo de Adegas Arousa é acadalo rendemento establecido polo Consello Regulador, de doce mil quilos por hectárea, cos que sacarán ó mercado unha nova marca de viño con etiqueta Rías Baixas.

    Aínda que as condicións das tres hectáreas de viñedo non son as mellores, desde Adegas Arousa confesaron que van obter un gran caldo grazas á zona na que está situada a finca. A estimación de produción inicial deste viño destinado ó consumo medio-alta é de corenta mil botellas.

    Redacción Salnés