![]()
VILAGARCÍA> Hoxe reuniuse a Xunta Local de Seguridade para tratar temas a loita contra a violencia doméstica e a seguridade vial.
{flowplayer}images/salnes/SEGURIDADE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
A Xunta local estuda a evolución dos delitos no Concello de Vilagarcía así como a colaboración entre a policía local e nacional. A alcaldesa vilagarciana afirmou que existe unha boa colaboración entre os dous corpos de seguridade e engadiu que Vilagarcía fixo os deberes na seguridade vial.
O subdelegado do Goberno felicitou á alcaldesa polo traballo no ámbito vial. Delfín Fernández presentou os datos do periodo 2008-2009. Así, declarou que o 2008 foi o mellor ano en loita contra a criminalidade.
Os datos falan aumento de nivel de seguridade dende o ano 2005. Pero non solo descenderon os delitos, tamén aumentou a eficacia policial no esclarecemento de delitos.
A violencia machista foi outro dos pilares da reunión da Xunta Local. As estadísticas fala de más de 64 órdenes de protección, grazas á colaboración entre os dous corpos policiais.
O delegado do Goberno, recalcou que o ejecutivo central apostou forte pola seguridade en Vilagarcía aumentando os efectivos nun 37%.
Redacción Salnés








