Vilanova agarda celebrar os eventos gastronómicos e turísticos do mes de agosto

VALGA, VILANOVA> A boa evolución da pandemia nas áreas sanitarias invita ao optimismo dos concellos. En Vilanova e Valga agardan pechar a semana sen ningún caso activo. No caso do concello do Salnés tampouco descartan celebrar eventos festivos a partir do mes de agosto.

A boa evolución da pandemia nas áreas sanitarias e avance da vacinación invita aos concellos a ser optimista. É o caso de Valga e Vilanova. Ambas vilas rexistran menos de 5 casos activos. No caso do concello de Bello Maneiro, o desexo é acabar a semana sen ningún positivo.

Vilanova pola súa parte rexistrou hoxe 3 positivos, sen ningunha variación dende o día de onte. Unha incidencia acumulada baixa especialmente nunha vila que hai un mes se atopaba no nivel máximo de restricións. O seu alcalde sinala esta baixada á importancia dos cribados.

Dende Vilanova tamén miran ao futuro con optimismo. O goberno local non descarta celebrar os eventos festivos do mes de agosto.

A pesar dos bos datos, dende os concello continúan pedindo á poboación que cumpra con todas as medidas. Advirten que o virus non vai a desaparecer, por iso é importante frear a súa expansión e evitar volver as máximas restricións, co dano que iso suporía durante o verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí