Pepe non quere confiarse ante un Aguere en melloría

VILAGARCÍA> O Cortegada afrontará o primeiro partido da segunda volta de novo na casa, recibindo ó Aguere. Un rival de metade de táboa peo ó que xa custou gañar no debut ligueiro.

{flowplayer}images/salnes/Cortegada_020212.flv{/flowplayer} 

Comeza a segunda volta na LF2. Despois de 11 victorias en 13 partidos o obxectivo do Cortegada semella cumprido e con creces. Sen embargo é inevitable que xurda a ilusión por meterse na fase de ascenso.

A favor conta o bo balance de triunfos, que lle coloca con tres victorias de marxe sobre o quinto posto. A nota negativa, o duro calendario que terán que afrontar. Visitarán as pistas de Bembibre, Cáceres, Uni Tenerife e Ensino é dicir, tódolos rivais directos. Ademais terán que ir a Ferrol, León e Pontevedra. Os encontros de casa, iso si, semellan máis asequibles.

Como asequible podería parecer o partido ante o Aguere, o conxunto co que debutaron este ano e onde sufriron para gañar no derradeiro segundo con dous tiros libres de Ylenia. Por iso Pepe Vázquez non quere confiarse. 

O Aguere é un equipo que acada un mellor rendemento coma visitante, de feito foi quen de vencer na cancha do Uni Tenerife e mesmo onte en Ourense ante o Pabellón, nun encontro no que tan só actuaron en pista cinco xogadoras.

De destacar é a súa pivot, natural de Lanzarote Yaiza García, que promedia 12 puntos e 7 rebotes. O club tinerfeño ven de reforzarse coa base Berta Chumillas, procedente do desmantelado ADBA. En tres partidos esta xogadora xa se converteu nunha referencia, promediando 18 puntos e 10 rebotes por encontro. Iso sí, ó igual que lle pasou ó Cortegada, tralo Nadal quedáronse sen americanas: Jennifer Harris e Leslle Mason, esta última, un ala-pivot que desempeñaba un papel protagonista dentro do equipo.

Redacción Salnés