“Ponle Freno” aos accidentes de tráfico

PONTEVEDRA> Concienciar á cidadanía sobre as consecuencias dos comportamentos imprudentes nos vehículos. Ese é o obxectivo da carreira Ponle Freno. Un evento que volve a Pontevedra por terceiro ano consecutivo e que espera superar os mil participantes.

Esta é a idea que a carreira Ponle Freno quere transmitir a todos os veciños de Pontevedra. Por terceiro ano consecutivo, este circuíto de carreiras volve á cidade, porque, correr, salva vidas.

Esta cita é fundamental en Pontevedra porque, segundo os organizadores, a cidade é xa un referente en seguridade viaria.

O principal obxectivo deste evento é recadar fondos para as vítimas dos accidentes de tráfico e concienciar á cidadanía das consecuencias que supón incumprir as normas de seguridade viaria. Por iso, o diñeiro recadado irá destinado á fundación Amizade.

A proba  levarase a cabo o vindeiro 29 de xuño. A saída, tanto da de 5km como da de 10 km, será na Avenida de Montero Ríos ás 21:30 horas. Ademais, tamén están programadas carreiras infantís. O prezo da inscrición é de 5 euros e poden realizarse na páxina web de Ponle Freno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí