A campaña da vieira podería abrirse a vindeira semana

    fotocovacopia.jpgCAMBADOS> As mostras que se tomaron onte foron xa analizadas polo Intecmar, que esta mesma mañá confirmaba que deran negativo.

    {flowplayer}images/salnes/CovadongaResultadosVieira.flv{/flowplayer}

    A flota cambadesa podería comezar a extraer vieira a semana que ven. As mostras do bivalvo que se tomaron onte foron xa analizadas polo Intecmar, que esta mesma mañá confirmaba que deran negativo. É dicir, os niveis de toxina amnésica están por debaixo dos límites permitidos para a súa comercialización.

    O Instituto Tecnolóxico do Mar ten previsto tomar mañá unha nova mostra que, agardan, sexa a definitiva. Para permitir a extracción da vieira son precisos dous resultados que dean por debaixo do límite legal.

    Había xa un da semana pasada polo que os vieireiros agardaban que os resultados de hoxe foran definitivos. Pero tamén a semana pasada unha das mostraxes dera niveis superiores ó permitido polo que tocaba empezar de novo e facer outras dúas novas análises.

    Cúmprese o prazo e tanto dende o Intecmar coma dende o sector agardan cumprir tamén as expectativas. Como xa dicía onte Francisco Miser, o presidente dos vieireiros o bivalvo nestes momentos engordou moito, está no seu mellor momento e polo tanto os niveis de toxina amnésica deberían ser moito menores.

    Boas expectativas por parte do Intecmar, que planea tomar mañá a segunda mostra e poder pechar a semana pensando e abrir a campaña xa a partir do luns.

    Tamén quixo a directora do Intecmar mandar unha mensaxe de tranquilidade ó sector, recordando que a vieira debe pasar por un proceso de eviscerado e que unha vez chega ó mercado o fai con tódalas garantías.

    Redacción Salnés