BARBANZA> Esta mañá era presentada a cuarta edición da Challenge Volta ó Barbanza ‘A Orixe’ que terá lugar esta vindeira fin de semana baixo a organización do Club Ciclista Barbanza e a Federación Galega de Ciclismo, e co patrocinio da Deputación da Coruña e a mancomunidade Barbanza Arousa.
A proba dividirase en dúas etapas, a disputar nas localidades de Rianxo e Ribeira.
En total 180 quilómetros de percorrido coa participación de 18 equipos, na súa maioría nacionais, aínda que tamén coa participación de dous clubs portugueses.
Dende a Federación Galega de Ciclismo destacaron esta proba que reunirá ó mellor do ciclismo promesas.
A Volta será puntuable ademais para a Copa Galicia de Estrada