Mar retira ós 12 Permex ó colectivo carrilexo Lazareto

    CARRIL> O Colectivo de mariscadores Lazareto de Carril volve a alzar as súas queixas.O motivo: a suspensión hoxe dos permisos de marisqueo

    {flowplayer}images/salnes/permex_mariscadoras_lazareto.flv{/flowplayer}

    …que lle expedira a Consellería do Mar o mércores desta mesma semana. A denuncia dunha veciña que alegou irregularidade legal na lista de petición dos permex votou atrás con todo o proceso, agora que doce persoas xa estaban listas para entrar a traballar.

    O sentir do colectivo Lazareto era de desacougo e carraxe logo de quedarse sen permiso de marisqueo agora que xa mercaran o material preciso para ir a traballar, e que xa arranxaran toda a documentación requirida.

    O encargado de explicarlles os pormenores desta volta a atrás foi o Delegado da Consellería do Mar en Carril, Javier Briz. Este explicoulles o porqué desta actuación a raíz da denuncia dunha veciña da localidade na que se aseguraba que non se cumprirá ca normativa legal no referente ás listas de selección para dar estes primeiros permisos. Briz adiantoulles tamén que o departamento autonómico lles arranxaría a documentación para que, mentres non se arranxan as cousas, poidan volver ó paro. Estes razoamentos foron insuficientes para os de Carril que anunciaron que o luns irán a traballar a primeira hora ó areal de Bamio; e logo impedirán pesar ás mariscadoras de a pé como medida de presión contra este colectivo, ó que acusan de impedirlles traballar.

    Redacción Salnés