Durán pedirá axuda á Deputación para un novo vial ó Hospital

    acceso_hospitalcopy.jpgVILANOVA> Así o anunciou esta mañá. O treito construiríase entre o vial ó Porto e a nova parcela destinada á ampliación das urxencias.

    {flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_HOSPITAL_140912.flv{/flowplayer}

    Melloralo acceso, a circulación e acurtalos tempos para acudir ó Hospital do Salnés e ás Urxencias. Estes son os principais obxectivos polos que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, lle vai solicitar colaboración á Deputación de Pontevedra para o acondicionamento e asfaltado dun novo vial, rotonda incluída, entre o vial ó Porto e a nova parcela onde se ubicará a ampliación do Hospital.

    Os principais beneficiados, sinalou Durán, serán os veciños de Baión pero esta obra, dixo, repercutirá en toda a comarca xa que permitirá mellorala circulación dos arredores e serviralle de alternativa de acceso ós concellos limítrofes.

    No que respecta á ampliación do Hospital, o tamén Presidente da Mancomunidade do Salnés informou que os trámites avanzan a bo ritmo. Despois de que desde a Xunta lles remitisen un escrito solicitando certos documentos, Durán explicou que nestes días estiveron facendo o estudo topográfico e que xa deron permiso para facer o xeotécnico. Con todo, agarda que nun breve período de tempo poidan reenviar toda a documentación.

    Por último, en relación ó acceso contemplado no proxecto do vial ó Porto que non se chegou a finalizar, Gonzalo Durán destacou que o alcalde de Vilagarcía tamén descoñecía dita actuación pero, polo de agora, non hai máis novidades ó respecto.

    Redacción Salnés