Queiman a maior embarcación do Centro Galego de Vela

    VILAGARCÍA> A madrugada do sábado alguén roubou a maior das embarcacións do Centro Galego de Vela, que teñen dispoñible para a preparación e cobertura de competicións. 

    Unha embarcación de cinco metros de eslora, valorada nuns 15.000 euros, e que ademais, aparecía queimada unhas horas máis tarde.

     

     

    O Centro Galego de Vela, en Vilagarcía, sufría unha importante baixa na súa flota de embarcacións o sábado de madrugada. Alguén se acercaba ao embarcadoiro onde se atopaba a maior das embarcacións do centro para roubala. Unha acción que sorprende aos responsables das instalacións xa que se atopa nunha zona vixiada completamente pola Policía Portuaria. 

    A zódiac semirríxida, de cinco metros e medio de eslora, aparecía queimada a primeira hora do domingo na praia de As Sinas, sen rastro do seu motor. A primeira sospeita tivo que ver coa sombra do narcotráfico, aínda que esa sospeita quedaba descartada ao non aparecer o motor. 

    A coordinadora do Centro Galego de Vela, Loli Camba, coñecía a noticia do achado na Comisaría de Policía, de Vilagarcía, cando tramitaba a denuncia polo roubo da embarcación.

    Este roubo e posterior queima supón a perda de algo máis de 15.000 euros, ademais de quedarse sen a embarcación que o vindeiro mes de abril serviría para organizar o Campionato Ibérico de 420 e o Campionato de España de Radiocontrol. 

    A pesar de este desagradable incidente, dende o Centro Galego de Vela confían en que a Policía atope o responsable ou responsables,  dos feitos e que o peso da lei recaia sobre eles. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/lancha_queimada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/lancha_queimada.mp4{/flowplayer}