Fin de semana de homenaxes populares

    varela copia.jpg SALNÉS> O PPdG lembrou ó fundador do partido en Santiago mentres que os populares do Salnés honraron ó ex conselleiro de Cultura Roberto Varela.

    {flowplayer}images/salnes/HOMENAXE_FRAGA_VARELA.flv{/flowplayer}

    Cumpríanse tres semanas do falecemento de Manuel Fraga e os seus compañeiros do Partido Popular de Galicia quixeron lembrar a súa figura nin acto multitudinario. Non faltaron as anécdotas, o repaso pola súa traxectoria política, aínda que, se houbo algo que callou entre o discursos dos asistentes foi a presentación de Fraga como modelo a seguir. Exemplo, dixo por exemplo o líder do PPdG, de persistencia e traballo.

    Tamén o presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, participou nesta homenaxe pechando o acto cun discurso no que volveu a invocar o exemplo de Fraga, da súa ‘honradez e tenacidade’, dixo, para saber hoxe afrontar a saída da crise. Non foi este o único acto de recoñecemento que organizaron os populares estes días.

    A nivel local, e tamén o sábado, o PP do Salnés reuniuse en Meaño para ofrecer unha cea-homenaxe ó ata hai pouco conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela. Nela fixéronlle entrega dunha insignia e dunha placa conmemorativa agora que retoma a súa carreira como diplomático.

    Redacción Salnés