Muros convoca axudas para transporte e material escolar

    MUROS> O Concello de Muros vén de convocar as axudas para o material e o transporte escolar. Poderán beneficiarse delas os alumnos de infantil, bacharelato e formación profesional que estuden na localidade, e tamén aqueles de formación profesional que non se imparta no concello, así como os da universidade e de ensinanzas artísticas superiores. O único requisito para poder optar a estas axudas é que o alumnado ten que estar empadroado en Muros. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo vinte e tres de novembro. A documentación requirida aparece recollida nas bases publicadas na páxina web do Concello.