Falece un home ó caer baixo un dos pés hidráulicos dun camión grúa

    accidente_laboralCOPY.jpgCAMBADOS> O accidente tivo lugar ás seis e media da tarde, ó carón do Polígono de Sete Pías. O home era veciño de San Miguel de Deiro.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_LABORAL_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Un home de mediana idade, veciño de San Miguel de Deiro, perdeu a vida esta tarde nun accidente laboral acontecido en Vilariño, Cambados, moi preto do Polígono Industrial de Sete Pías.

    O accidente tivo lugar ás seis e media da tarde. Foi o 112 o que deu a voz de alarma tanto a Protección Civil de Cambados coma ó 061 e á Garda Civil de Tráfico. Aínda que os sanitarios tentaron reanimar a este veciño de San Miguel de Deiro durante máis de media hora, nada puideron facer por salvarlle a vida.

    Segundo nos informaron desde Protección Civil o home, de mediana idade, estaba traballando nun camiño sen saída ó carón da estrada xunto a outro compañeiro. No momento do accidente, o falecido atopábase en riba deste camión grúa, cando por causas aínda descoñecidas esvarou. Ó caer chan, accionou o mando da grúa ata quedar atrapo baixo un dos pés hidráulicos do vehículo.

    Aínda que a estrada non tivo que ser cortada, a Garda Civil si que tivo que intervir xa que se rexistrou tráfico intenso.

    Redacción Salnés