A rúa da Concha, en Castiñeiras, sufrirá unha renovación integral

    RIBEIRA> O concello de Ribeira acometerá a renovación dos servizos e a pavimentación da rúa da Concha e dunha vía transversal na parroquia de Castiñeiras. Esta actuación suporáun investimento de máis de cento sesenta e cinco mil euros e ten un prazo de licitación de catro meses. Actualmente, tanto a rúa da Concha como a rúa transversal contan cun pavimento de formigón no que se apreza un deterioro significativo en forma de socavóns e disgregacións. Ademais, a rede de abastecemento esta feita en fibrocemento e non hai separativo de augas pluviais e fecais, polo que ambas circulan por un único colector. En canto á pavimentación, preténdese adecuar este espazo á estética xa implementada en rúas lindeiras, de tal xeito que se empregarán lousas de granito combinadas con adoquíns.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí