Dez anos de cárcere para os secuestradores de Román Santiago

    xuizo_secuestro100.jpgPONTEVEDRA> Quedou visto para sentencia o xuízo contra os acusados do secuestro en 2006 ó ex edil da Illa de Arousa Román Santiago e ó seu irmán Bruno.

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_secuestro_roman_santiago_070212.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Quedou visto para sentencia o xuízo contra os acusados do secuestro en 2006 ó ex edil da Illa de Arousa Román Santiago e ó seu irmán Bruno.

    Finalmente, no banco dos acusados só se sentaron os irmáns da Pobra Rafael e Antonio Rivas Gey, e tamén o cambadés, afincado na Illa, Manuel Oubiña Otero. Os tres recoñecéronse culpables dos delictos de secuestro, trato degradante e lesións.

    O Ministerio Fiscal tamén pedía penas de cárcere para unha muller como presunta cómplice, como propietaria dun dos vehículos ó parecer utilizados no secuestro. Pero finalmente retiráronselle os cargos. O falecemento de Román Santiago, en 2007, propiciou que se diluíran algunhas probas.

    A vista celebrouse esta mañá na Audiencia Provincial de Pontevedra. E inda que se tiña reservada a sala para outros dous días máis, finalmente houbo acordo, cunha rebaixa considerable nas penas. Nun principio, o fiscal solicitaba ata un total de 57 anos de cárcere para os catro acusados.

    Os feitos ocorreron en setembro de 2006. Segundo o relato dos feitos da Fiscalía, Román Santiago foi secuestrado polos irmáns Rivas Gey, ós que se lles relaciona co clan dos Fanchos. Levárono primeiro ó monte A Curota, no Barbanza, e xunto a Manuel Oubiña déronlle unha malleira e reclamáronlle medio millón de euros. Logo contactaron con Bruno Santiago que se achegou á Curota e tras golpealo deixárono ir para que trouxera os cartos. A Román levárono a un piso da Pobra. Bruno volveu só con 12 mil euros, pegáronlle de novo e pedíronlle máis diñeiro. Pero dous días despois, liberaron a Román. O fiscal considera que o secuestro tivo que ver con asuntos relacionados co tráfico de droga.

    Os tres acusados deberán ademais indemnizar con 30 mil euros, a Bruno e ós herdeiros de Román Santiago, polas lesións e o dano moral que lles produciron. Cabe dicir que Bruno Santiago xa desistira no seu momento de presentarse como acusación particular.

    Redacción Salnés