SANTIAGO> É a esencia de comerciogalicia.es, o portal xestionado pola Federación Galega de Comercio para ampliar mercados e captar novos clientes.
{flowplayer}images/salnes/PORTAL_ELECTRONOCO_COMERCIO070212.flv{/flowplayer}
Comerciogalicia.es bota a andar coa intención de converterse nunha plataforma de venda única, na que os establecementos tradicionais que operan a nivel local poidan ampliar o seu mercado e chegar a máis clientes. O sistema de funcionamento é sinxelo. As persoas que accedan a esta páxina poderán ver tódolos produtos que ofrecen os locais que formen parte do portal e mercar aqueles que lles interesen. Incluso ofrece a posibilidade de vender por lotes e abonar nun único pago as compras feitas en distintos establecementos.
Comerciogalicia.es estará xestionado pola Federación Galega de Comercio, e unha vez presentado, o seguinte paso agora será captar ós establecementos interesados en ofrecer os seus produto a través da páxina.
Redacción Salnés