RIBEIRA> A xestión conxunta do libre marisqueo semella difícil ante o desacordo entre as distintas confrarías de Arousa. Mentres seis pósitos, encabezados pola Illa e Cambados decidiron constituír unha asociación, outras tantas confrarías se opoñen ó proxecto. A xestión con xunta do Libre Marisqueo en Arousa antóllase complicada. A Asociación Rañeiros da Ría, recentemente constituída integra tan só a seis pósitos: A Illa, Cambados, Vilanova, Rianxo, A Pobra e Cabo de Cruz. Outras tantas confrarías resístense a sumarse á nova entidade ante a falla de consenso nalgúns aspectos. O principal desacordo reside nos distintos xeitos de traballar o libre. No caso de Ribeira consideran que a súa integración tan só suporía un prexuízo para os seus asociados ó ter que pagar unha porcentaxe das vendas. Ante esta falla de acordo, dende a confraría de Ribeira agardan que a Consellería do Mar esixa un maior consenso para a aprobación do plan. Aínda que non comparten moitos aspectos valoran positivamente a iniciativa como primeiro paso para sentar as bases dun documento que inclúa as demandas de tódalas confrarías implicadas na xestión do libre. No que todas coinciden é na necesidade dun plan integral de rexeneración en toda a ría para reflotar a actividade que nas últimas campañas se caracterizou pola escasa rendibilidade.
Inicio BARBANZA