A Garda Civil conmemora en Pontevedra a festividade do Pilar

    DIA_PILAR_PONTEVEDRAcopy.jpgPONTEVEDRA> O Delegado do Goberno en Galicia presidiu este acto institucional que tivo lugar na sede da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/ACTOS_POLICIA_DIA_PILAR.flv{/flowplayer}

    Decenas de familiares e efectivos da Garda Civil conmemoraron esta mañá o día da Virxe do Pilar, patroa deste corpo, en Pontevedra. Este acto institucional iniciouse coa entrega de condecoracións ó persoal galardoados, entre os que se atopan dous membros do corpo da Garda Civil do Salnés, un de Cambados e outro de Sanxenxo e un xuíz do xulgado número dous de Cambados.

    Ademais, o acto estivo presidido por diferentes autoridades entre as que se atopaban o Delegado do Goberno en Galicia o Subdelegado do Goberno en Pontevedra, o alcalde de Pontevedra e o Presidente da Deputación de Pontevedra. Louro destacou que se trata dun día para lembrar, homenaxear e recoñecer a labor destes profesionais.

    Acto seguido, procedeuse á lectura do discurso por parte do coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra ó que lle seguiu unhas palabras da man do Delegado do Goberno en Galicia. Lembrou que desde o 2005 a plantilla da Garda Civil en Pontevedra incrementouse case nun dezanove por cento.

    Para rematar o acto, depositouse unha coroa de loureiro diante do monumento ós caídos e interpretouse o canto do imno da Garda Civil.

    Redacción Salnés