Noia prepárase para a súa semana grande coa celebración da XXII Mostra de Curtas

NOIA> A cita terá lugar entre o 7 e o 17 de outubro. A edición deste ano virá cargada, como é costume, de importantes novidades.

Hai varias semanas a concellería de Cultura daba a coñecer o cartel da vixésimo segunda edición da Mostra de Curtas, obra do artista Ruben Lucas García. Nel recóllense algunhas das iconas turísticas máis representativas da vila, co fin de poñer en valor a localidade.

A falla de apenas dúas semanas, a organización xa ten todo practicamente pechado, unha vez realizada a preselección das curtas que optarán a algún dos premios oficias do certame. Recibíronse 1.200 traballos chegados dende diferentes países. Dese total o xurado seleccionou 42, dos que sairán as curtas premiadas.

Dende a concellería de Cultura agardan a que o adianto da data, ás primeiras semanas de outubro, sexa ben recibido polo público e asistentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí