VILAGARCÍA> A conselleira do Medio Rural e do Mar recoñeceru que a concesión e anulación dos permisos se debeu a un erro administrativo.
{flowplayer}images/salnes/FOLE_REUNION_MARISCADORAS_LAZARETO080212.flv{/flowplayer}
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, comprometeuse onte coa asociación Lazareto de Carril, a estudar o seu caso e buscarlle canto antes unha solución. A pasada semana, a Xunta concedeulle o permiso de explotación marisqueira a doce membros deste colectivo e días máis tarde anuloullos ó admitirse a trámite un recurso presentado pola agrupación de mariscadoras de Carril. Onte á noite Quintana reuniuse cos afectados, nunha xuntanza promovida polo alcalde Tomás Fole.
Segundo indicou o alcalde, a Xunta recoñeceu ante os afectados que todo se debeu a un erro de administración que agora hai que subsanar. De todos xeitos, desde Mar non quixeron adiantar acontecementos e dixeron que estudarán tódalas posibilidades. O alcalde de Vilagarcía pide tamén a colaboración da agrupación de mariscadoras de Carril.
As mariscadoras de Lazareto levan catro anos reivindicando a ampliación do cupo da agrupación de mariscadores de Carril.
Redacción Salnés