En lugar da sardiña Cambados enterrará o boneco do Monopoly

    fotoentroidocopia.jpgCAMBADOS> O alcalde, Luis Aragunde presentou esta mañá o programa do Entroido deste ano. Fíxoo acompañado de Pepo Suevos.

    {flowplayer}images/salnes/ProgramacionEntroidoCambados.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Cambados, Luis Aragunde presentou esta mañá o programa do Entroido deste ano. Fíxoo acompañado de Pepo Suevos, que será o encargado de facer de mestre de cerimonias no concurso de disfraces que se celebrará o domingo.

    É o terceiro ano que Pepo Suevos se achega a pasar o Entroido en Cambados, esta mañá presentou xunto co alcalde, Luis Aragunde o programa que o concello ten preparado para estes días. As actividades comezan o venres 17 de febreiro cun guateque ó estilo dos anos 80 que se celebrará no Salón José Peña, e rematarán o mércorres 22 co enterro da sardiña.

    Polo medio concursos de disfraces e de carrozas entre outras moitas cousas. O concurso de disfraces celebrarase o domingo pola tarde na Praza do Concello , baixo a presentación e animación de Pepo Suevos, pero antes, o sábado pola tarde os protagonistas serán os máis cativos. No Pazo de Torrado haberá inchables, obradoiros de maquillaxe e talleres de globoflexia para todos aqueles que se animen a participar.

    Sen que falten as filloas nin por suposto as orellas o martes volverá a haber de novo desfile de carrozas, que sairá da Escalinata de San Tomé e pasará pola avenida de Galicia, Praza do Concello, avenida de Madrid, Praza Fefiñáns, Rúa Príncipe e Paseo da Calzada para rematar na Praza do Concello. Será aquí onde se entreguen os premios do concurso. O entroido chegará ó seu fin o mércores.

    Redacción Salnés