Durán acusa de mentir á subdelegada do goberno e advirte que publicará os videos do antentado contra a súa vivenda

VILANOVA> Gonzalo Durán acusa á subdelegada do goberno de contradicirse e de mentir. O rexedor vilanovés non entende como é posible que Maica Larriba diga que non identificaron aos autores do atentado na súa vivenda e que a súa vez o desvincule de motivos políticos. Gonzalo Durán cree que si que están relacionados e publicará os vídeos unha vez remate a investigación.

A subdelegada do goberno sinalaba no día de onte en Cambados que non teñen constancia de que o atentando contra a casa de Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova, estea relacionado con motivos políticos. Unhas declaracións que segundo Durán, son mentira. O rexedor vilanovés acusa a Maica Larriba de contradicirse e mentir.

O alcalde vilanovés non entende porqué a subdelegada do goberno descarta o móvil político.

Gonzalo considera que o atentando si se debe a motivos políticos, e a súa hipótese xira en torno a un perfil falso de facebook que ao día seguinte do atentando facía unha publicación contra el, nomeando a varios membros do partido socialista. Algún dos cales reaccionou á publicación.

A alcaldesa de Cambados non tardou en responder a estas acusacións, advertindo que ela dera me gusta a un comentario que falaba da fin da etapa política de Durán e que non facía referencia a ningún atentado, feito que asegurou descoñecer. Pola súa parte, Durán adiantou que publicará as imaxes, unha vez finalizada a investigación, para que todo Vilanova saiba quen son os culpables.

Segundo Durán, nas imaxes pode apreciarse que son unha parella moza que rolda os 30 anos. Ademais de ter máis información, como por exemplo o percorrido que fixeron antes de chegar a súa vivenda e que non poden adiantar. A investigación continúa en marcha por parte da Garda Civil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí