Rectificación da información sobre a operación nunha depuradora de Cambados

    CAMBADOS> En As Novas do Día de onte, martes 3 de maio de 2016, dabamos unha información sobre unha operación contra o furtivismo en Cambados que hoxe temos que rectificar. A nova estaba ilustrada cunhas imaxes dunha empresa que non se correspondían coa depuradora José María Daporta e Fillos, que foi na que  se efectuaron os rexistros. Lamentamos o erro, e pedimos desculpas á compañía afectada pola confusión. As imaxes que lles estamos a ofrecer hoxe si se corresponden coa empresa afectada por este operativo da Policía Autonómica.

     

    Sobre o operativo, os tres detidos tralo rexistro da depuradora José María Daporta e Fillos xa quedaron en liberdade.

    Tras prestar declaración na Comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía, os tres detidos tralo rexistro da depuradora José María Daporta e Fillos quedaron en liberdade. O xerente, outro responsable da empresa e unha empregada están agora pendentes de que os chame o Xulgado número 1 de Ferrol, encargado da instrución da causa. Se lles sinala como presuntos autores de delitos contra a saúde pública, contra a Facenda e de falsidade documental, relacionándoos cun caso de marisqueo ilegal aberto en Barallobre, Fene, polo que xa foron detidas catro persoas. Supostamente, nas instalacións do peirao cambadés de Tragove depuraban o marisco extraído de xeito ilegal por mariscadores da confraría de Barallobre. Así as cousas, as investigacións continúan abertas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/04/rectificacion_rexistro_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/04/rectificacion_rexistro_cambados.mp4{/flowplayer}