![]()
RIBADUMIA > Despois de tres meses e medio de obras, a praza de abastos de Ribadumia está rematada e funcionando.
Os traballos de reforma permitiron dotar á instalación dunhas condicións mínimas que non tiña e coas que o goberno local espera revitalizar este servizo. Para iso sacará a concurso novos postos que complementen ós catro que hai actualmente, peixería, verduras, froitas e flores, anque non todos traballan a diario.
E é que ésta era hoxe a maior reivindicación dos clientes que se achegaban ata o mercado: que aumenten os postos e a oferta de produto. Pola súa banda as dúas praceiras que hoxe vendían no mercado, Beatriz Bugallo e Maruja Oubiña, pedían máis clientela para poder normaliza-lo servizo.
A praza de abastos, situada en pleno casco urbano de Barrantes, abre tódolos días pola mañán, sendo o sábado a xornada con maior afluencia de comerciantes e compradores. Afluencia que, de seguro, continuará aumentando en vindeiras datas.
Redacción Salnés







