A Xunta demanda ante o ministro de Pesca a declaración de zona catastrófica para as rías

A ILLA> O conselleiro do Mar demanda ante o Ministro de Pesca que se declare as rías como zona catastrófica pola mortandade do marisco. A Xunta alega que o desastre marisqueiro, que basea nas chuvias, é igual de catastrófico que o volcán da Palma ou a tormenta Filomena. Hoxe, na Illa de Arousa, Alfonso Villares asegurou que o goberno galego está pendente ‘dende o minuto un’ da situación das rías, recabando datos para argumentar esa declaración de zona catastrófica.

A Xunta equipara a mortandade do marisco nas rías galegas a outras catástrofes ocorridas en España como o volcán da Palma ou a tormenta Filomena. Deste xeito, o goberno galego vai solicita-la declaración das rías como zona catastrófica. Esa petición está aínda en trámite, pero nas últimas horas, o conselleiros do Mar xa lle trasladou ao Ministro de Pesca, cales son os plans da Xunta. Alfonso Villares trasladoulle esa demanda a Luis Planas na reunión de conselleiros de Pesca co ministro.

O documento está a piques de ser trasladado á Delegación do Goberno en Galicia. O conselleiro aproveita para responder ás críticas dos grupos da oposición, que acusan á Xunta de tentar balóns fóra. Villares asegura que o goberno galego está pendente da situación ‘dende o minuto un’.

Ao mesmo tempo, di o conselleiro, a Xunta está traballando nun plan de acción especialmente vinculado á investigación, partindo da base de que a meteoroloxía é o principal momento da ctual situación, logo das chuvias das últimas semanas. 

Un motivo que comparte que comparte ao sector, pero que -a diferencia da Consellería do Mar- entenden non é o único. As confrarías lembran que a contaminación das rías, o alivio dos encoros ou o cambio climático son tamén factores a ter en conta.