O BNG leva ó Congreso as queixas de Meis sobre o IBI

    011208_rolda_bng_meis_100.jpgMEIS > O BNG vai a tomar medidas para evitar que os cidadáns de Meis e de outras moitas partes de Galicia teñan que soportar o ano que vén …

    {flowplayer}images/salnes/011208_rolda_Bng_meis_.flv{/flowplayer}

    MEIS > O BNG vai a tomar medidas para evitar que os cidadáns de Meis e de outras moitas partes de Galicia teñan que soportar o ano que vén as duras gravames que vai a supoñer o Imposto de Bens Inmobles, o IBI, para os invernadoiros.

    Deste xeito, a Deputada no Congreso Olaia Fernández Davila vai a elevar as súas queixas ás Cortes Xerais. Neste requerimento, a deputada nacionalista esixirá unha modificación do correspondente real decreto ó tempo que pide explicacións sobre a consideración que teñen os invernadoiros galegos nesta normativa; cando de seu teñen unhas características diferenciais: como a súa escasa dimensión, forma e rendibilidade que fan incongruente ás taxas que se lles aplican.

    A nivel municipal, e no caso concreto de Meis, os nacionalistas reclaman, entre outras cousas, que o Concello aplique tódalas bonificacións permitidas por lei. O obxectivo dos nacionalistas é chegar a conseguir a eliminación deste imposto, que non só afectará ós invernadoiro senón tamén a outro tipo de construccións agrícolas como alpendres ou galpóns; que se irán coñecendo a medida que cheguen as notificacións do catastro ós fogares galegos.

    Redacción Salnés