![]()
SANXENXO> O PSOE alerta sobre a empresa que ten concesionado o servicio de cans abandonados no Concello de Sanxenxo: Cánidos Valle Miñor.
{flowplayer}images/salnes/cans_sanxenxo.flv{/flowplayer}
A raíz dunha denuncia do Seprona descubriuse que esta empresa no canto de recoller os cans sen dono e mantelos nunha canceira, presuntamente está a matalos e a enterralos en foxas comúns sen maior contemplación.
Para os socialistas esta situación é de auténtico arrepío: procurar cans na rúa cobrando uns 16.000 euros anuais só neste Concello para logo exterminalos sen opción a buscarlles dono nin sanealos. Outro Concello da Provincia ven de suspenderlle o contrato tras estas novidades, polo que desde o partido que lidera Dulcinea Aguín pregúntase cal vai a ser o proceder de Sanxenxo.
Noutra orde de cousas, desde Sanxenxo Agrupación Liberal, SAL, denuncian tamén que o Monte Faro se está convertendo nun vertedoiro incontrolado no que se amontoan todo tipo de refugallos, namentres a Concellería de Medio Ambiente e a Xunta de Galicia se reclaman mutuamente axuda neste senso.
Redacción Salnés









