Os veciños de Vilaxoán denuncian deixadez por parte do Concello

    VILAGARCIA> Os veciños de Vilaxoán aseguran sentirse discriminados con respecto ó núcleo urbán de Vilagarcía. Denuncian que o Concello non limpa suficientemente as rúas e que aquí só veñen as autoridades municipais os días de festa e a pedirlles o voto.

    Os veciños de Vilaxoán séntense discriminados. Aseguran que o Concello só lle limpa o centro da parroquia polas festas e o resto do ano está todo deixado e sucio, principalmente o entorno onde xogan os cativos. E é que o descontento destes veciños vai en aumento, ata o punto en que pensan mudar a súa intención de voto nas próximas eleccións.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/02/vilaxoan1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/02/enquisa_julio.mp4{/flowplayer}