O PP de Vilanova propón facer un Centro de Día en Cálogo

    gonzaloduran_100_180507.jpgVILANOVA > Facer un centro de día e unha gardería, ampliar o centro de ocio infantil son as principais propostas do PP de Vilanova.

    O candidato presentou hoxe o seu programa en servizos sociais, infancia e xuventude. En xuventude o PP de Vilanova aposta polas instalacións do Terrón para crear actividades de ocio aproveitando o gusto dos xóvenes vilanoveses por esta zona. Pero ademais os populares propoñen, para os máis pequenos, facer unha nova gardería en Baión e ampliar a actual e o centro de ocio infantil.

    No programa destinado ós maiores, o PP quere aumenta-la asistencia domiciliaria e construír un centro de día en Cálogo. O candidato aproveitou a presentación para anuncia-lo xantar do PP de Baión que terá lugar o luns e no que estará o ex presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga.

    Redacción Salnés