![]()
PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra apoia a reducción de salario que aplicará a Xunta ós seus funcionarios e estudará facer o mesmo.
{flowplayer}images/salnes/reduccion_salarios_deputacion.flv{/flowplayer}
O presidente Rafael Louzán confirmou esta mañá que xa lles reducirá o número de días por asuntos propios, que pasan de 9 a 6. A reducción do salario a funcionarios temporais indicou que o consultará co comité de empresa.
Louzán tamén contestou hoxe ás declaracións do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, que pediu a supresión das Deputacións. O presidente provincial considera necesaria unha reflexión sobre as Deputacións e como facelas máis eficientes. Neste senso considerou frívolas as palabras de Antonio Fontenla e lembroulle as axudas públicas que recibe a patronal.
O presidente da Deputación anunciou ademais, que a ministra de Fomento, Ana Pastor, retomará a proposta de eliminación da peaxe na AP9 entre Vigo e Pontevedra. Louzán cre que agora será posible.
Louzán fixo estas declaracións trala xunta de goberno da Deputación. Na reunión deuse conta do informe positivo do Ministerio de Interior e da Dirección Xeral de Tráfico á Ordenanza de Seguridade Vial impulsada pola Deputación. Esta implica a reducción de riscos nas 385 estradas de titularidade provincial, coa colocación de badéns en vías urbanas e travesías.
Redacción Salnés








