A Pobra busca fotografías para ilustrar o seu pasado mariñeiro

A POBRA> O concello da Pobra solicita a colaboración cidadá para elaborar unha completa exposición fotográfica de cara á Semana do Mar. Piden ós veciños que teñan fotografías antigas que as acheguen ata Foto Ríos, onde realizarán unha copia dixital das instantáneas que pasarán a integrar a mostra.

O pasado mariñeiro da Pobra fai que tódalas familias estean vinculadas dun ou doutro xeito do mar. Tanto é así que as casas albergan un inxente patrimonio histórico en forma de fotografías que o concello trata agora de recompilar.

Contan para este fin coa colaboración do estudo fotográfico Ríos quen se encargará de dixitalizar as fotografías aportadas polos veciños para crear un arquivo dixital do que sairá a mostra elaborada co gallo da Semana do Mar.

Os interesados en colaborar poden achegar as súas fotografía a Foto Ríos ata o día 8 de xullo. A partir do día 15 a exposición poderá visitarse na casa mariñeira da Pobra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí