‘Unha reforma dura, desequilibrada e que fomenta a precariedade’

    reforma_laboralcopy.jpgSALNÉS> Así definen os sindicatos CIG e UXT a reforma laboral que se aprobou esta mesma mañá en Consello de Ministros.

    {flowplayer}images/salnes/REFORMA_LABORAL_SINDICATOS.flv{/flowplayer}

    O despido de vinte días será posible se o empresario prevé nove meses de caída de ingresos e a indemnización dun contrato indefinido por despido improcedente será de 33 días por ano traballado no lugar de 45. Estas son algunhas das medidas que contempla a reforma laboral que aprobou esta mañá o goberno central.

    Unha reforma que, segundo os sindicatos CIG e UXT, non vai xerar postos de traballo pero si abaratalos despidos. A cualificaron de dura, desequilibrada e que fomenta a precariedade.

    A reforma contempla tamén deducións de tres mil euros para a contratación do primeiro traballador menor de trinta anos e axudas de catro mil euros para empresarios que contraten parados de larga duración. Pola súa banda, para a Federación de Empresarios de Boiro é cedo para face unha valoración.

    Á espera de que se coñecer ó detalle a reforma, desde a CIG xa anunciaron unha folga para finais do mes de marzo. Pola súa banda, para UXT será a última opción. Polo momento está abertos ó diálogo.

    A reforme tamén prohibe o encadeamento de contratos temporais por máis de 24 meses.

    Redacción Salnés