O concelo de Vilanova colaborará co Banco de Alimentos Rías Baixas

    VILANOVA> O concello de Vilanova de Arousa asinou este mércores un convenio de colaboración co Banco de Alimentos Rías Baixas, co que se compromete a colaborar coa entidade naquelo que precisen. O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán recibiu no concello ao presidente e vicepresidente do Banco de Alimentos Rías Baixas. O motivo; a sinatura de un convenio de colaboración entre a entidade e o concello. Un acordo que non é a primeira vez que se asina en Vilanova. O presidente da entidade explicou o procedemento que utilizan para repartir os alimentos. Tanto Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova como Manuel Fernández, presidente da entidade recoñeceron a importancia do Banco de Alimentos para a sociedade, pola encomiable labor social que fai. Ademais Fernández quixo recordar, para todos aqueles que desexen doar ao Banco de Alimentos, que o que máis precisan son produtos como a leite, cacao ou o aceite.