O PSOE acusa ó goberno local de falsear o PXOM

    PSOESANXENXOPIRAGUISMO copia.jpg SANXENXO> Afirman que modificou as liñas de servidume de Costas para ‘beneficiar’ un edificio na praia de Baltar e construír a sé do club de piragüismo.

    {flowplayer}images/salnes/COSTAS_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    A construción da sé do club de piragüismo vén de destapar unha presunta falsificación dos planos urbanísticos que manexa o concello de Sanxenxo. Cando menos isto é o que denuncia o grupo municipal dos socialistas. A súa voceira Dulcinea Aguín asegura que de acordo coa actual Lei de Costas, a parcela de Baltar onde se pretende construír o local atópase dentro da zona de protección costeira, polo que non se podería edificar. Así o constatan, din, varios informes remitidos desde a xefatura provincial de Costas e desde Costas do Estado. Onte, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina Gonazález, pedía ó ente que autorizara a edificación. Desde o goberno local insisten en que Costas manexa uns planos anteriores á aprobación do PXOM, e por iso denegan o proxecto. E aquí vén o problema, porque segundo os socialistas, o que traballa cuns planos erróneos é o concello.

    Di Dulcinea Aguín que as liñas de deslinde, servidume e dominio público que se marcaron no PXOM, non se corresponden coas indicadas na Lei de Costas, o verdadeiro regulamento en vigor. A resposta do concello de Sanxenxo non se deixou agardar. A alcaldesa Catalina González xa ordenou ós servizos xurídicos municipais que analicen as declaracións realizadas polos socialistas ante a posibilidade de emprender accións legais contra eles. Considera que con esta acusación de falsidade documental, pasaron o límite, porque en política, di a rexedora, non todo vale.

    Redacción Salnés